Comunicado do Psoe de Leiro sobre o último Pleno

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O alcalde de leiro e senador do pp rexeita unha moción socialista con motivo do 25 n, día internacional da eliminación da violencia contra a muller

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas denuncian o “escurantismo” do que rexedor, Francisco José Fernández, fai gala “a diario” e láianse de que Leiro non amose “compromiso” na loita contra a violencia machista

O voceiro do PSdeG no municipio, Manuel Rodríguez, critica “a falta de transparencia” do rexedor a hora de convocar os plenos e afirma que “parece que o goberno municipal non ten compromiso para conquerir iniciativas na loita contra a violencia de xénero”

O PSdeG-PSOE de Leiro presentou por urxencia unha moción con motivo do #25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para a súa consideración, debate e posterior aprobación por parte do pleno. Os socialistas atopáronse por sorpresa co rexeitamento do alcalde e senador do Partido Popular, Francisco José Fernández, que decidiu non aceptar a moción, presentada por urxencia polo grupo municipal socialista. Unha situación que para o PSdeG en Leiro resulta “incomprensible” e amosa “falta total de interese” por parte do rexedor de visibilizar a loita das mulleres e da sociedade contra a lacra da violencia machista.

Para o Grupo Municipal Socialista está é outra mostra máis do “escurantismo e a falta de transparencia” que reina no Concello de Leiro e acusan ao alcalde de actuar “o máis puro estilo dos ditadores, impedindo aos grupos da oposición exercer a súa labor e rexeitando de forma sistemática as súas iniciativas”. Os socialistas láianse de que dende o consistorio non se amose “compromiso” na loita contra a violencia machista e na reivindicación da figura da muller.

O voceiro do PSdeG-PSOE de Leiro, Manuel Rodríguez critica tamén a falta de transparencia por parte do alcalde a hora de convocar os plenos, xa que segundo explica “non sabiamos con certeza cando tiña pensado celebrar o pleno que correspondería realizarse o 26 de outubro, xa que enviou un escrito suspendendo o mesmo”. Motivo polo cal, os socialistas presentaron por urxencia esta moción, “coa intención de que fose debatida cando o alcalde tivese a ben realizar o pleno, que foi este xoves”, apunta Rodríguez.

O rexeitamento da moción con motivo do 25 de novembro causou “estupor” entre as filas socialistas que acusan ao rexedor de “non amosar ningún tipo de compromiso institucional con motivo do 25 de novembro e na loita contra a violencia de xénero”, explica o voceiro socialista, que tamén apunta que “como senador, debería ter altura de miras en temas tan importantes como a loita contra a violencia machista, pero xa vemos que este asunto non lle interesa e trata de reprimir aos grupos da oposición para non ter que rexeitar no pleno unha moción neste senso”.

Os socialistas presentaban unha moción ambiciosa e na que instaban aos grupos políticos municipais a aprobar 9 puntos de acordo:

1 Ratificar o compromiso firme do Concello coa igualdade de xénero, os dereitos das mulleres e a erradicación de calquera tipo de violencia contra as mulleres.

2 Impulsar e/ou reforzar as medidas contidas na Lei Integral contra a Violencia de Xénero do 28 de Decembro de 2004 e no Pacto de Estado en materia de violencia de xénero no marco das competencias municipais, así como o seu seguimento.

3 Dotar dos recursos económicos adecuados os instrumentos de loita contra todas as formas de violencia contra as mulleres.

4 Promover accións de prevención, sensibilización, difusión, acerca da Violencia de Xénero en mulleres maiores de 65 anos destinadas a mellorar o coñecemento dos seus dereitos e dos servizos dispoñibles para atendelas.

5 Reforzar as medidas dirixidas atención ás mulleres que viven no mundo rural, aumentando o número de recursos especializados de atención de forma coherente coa realidade rural e a distribución xeográfica e adapatación das campañas de prevención e sensibilización ás súas necesidades.

6 Impulsar a colaboración coas entidades e asociacións da sociedade civil que loitan contra a violencia machista.

7 Intensificar e adaptar todos os recursos dos que dispón o concello relacionados con atención a vítimas de violencia machista durante a pandemia.

8 Combater os posicionamentos políticos que propugnen a negación da existencia da violencia de xénero ou rexeite a validez das políticas públicas enfocadas á súa total erradicación.

9 Rexeitar todas as formas de violencia contra as mulleres e manifestar o noso compromiso coas vítimas.