O BNG demanda un cambio de modelo na xestión de residuos desde a Deputación de Ourense

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Bernardo Varela “Unha empresa que fai negocio xestionando toneladas de residuos non estará interesada na redución de residuos”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ourense, 16 de outubro de 2024. Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, xunto a María Mangana e Xosé Manuel Puga, deputados do BNG na Deputación de Ourense, comparecían en rolda de prensa para dar conta da moción que levará o grupo do BNG a debate a pleno ante a problemática existente en Galiza da xestión de residuos, e especialmente no referido ao novo Canon de SOGAMA. 

Desde as filas da formación nacionalistas identifican dous problemas, o primeiro a suba da taxa do lixo até un 100% que se vai traspoñer á veciñanza, no caso das comarcas de Ourense a través da Deputación e despois un problema máis de fondo que é o problema do modelo SOGAMA

O modelo SOGAMA, sinalan as nacionalistas, é un modelo que prioriza a incineración e o soterramento do lixo, o que conleva non cumprir cos obxectivos da unión Europea en materia de reciclaxe.  Uns obxectivos que implican un nivel de reciclaxe do 50% no ano 2020 e no 2025 ter acadado unha taxa de reciclaxe de lixo de entorno ao 55%, porén en Galiza atopámonos con que só o 20% do lixo producido se recicla, fronte ao 80% restante se soterra e se incinera.  E iso ten consecuencias, a máis visible e inmediata é este incremento nos custe, a través da normativa europea que isto está penalizado

Agora, declaraba o voceiro nacionalista, en visperas da aprobación dos orzamentos municipais, cando os concellos deben elaborar as Ordenanzas Fiscais de residuos para o vindeiro ano en condicións de seguridade xurídica atópanse coa imposibilidade de establecer un cálculo axeitado ante a inviabilidade material de ter datos cos que facer unha previsión acertada, polo que urxe nestes intres ter información clara sobre o substancial incremento de custe que supón o taxazo da Xunta de Galiza.  A isto hai que engadir que a Deputación de Ourense presta o servizo de recollida en boa parte dos concellos de Ourense.   

É unha necesidade que a Xunta de Galiza aclare cal é o canon/Tn de rechazo entregada polos Concellos para o ano 2025.  De tal xeito que estos podan elaborar as Ordenanzas Fiscais de residuos para o vindeiro ano en condicións de seguridade xurídica, reiterando a necesidade de modular o incremento de dito Canon e que este vaia ligado a unha mellora da xestión, conducente á reducción de cantidade de residuos da fracción rechazo tratados por SOGAMA e á mellora nas fraccións recicladas. E que en ningún caso a Taxa deberá incrementarse nunha cantidade real superior ó 20 % do canon por tonelada do ano 2023, sempre e cando o Concello teña implementado no ano 25, un sistema de recuperación da fracción FORSU (Materia Orgánica), adaptado á realidade do seu territorio. Sendo pois válidos para a aplicación das bonificacións correspondentes os sistemas de compostaxe individual, compostaxe comunitario ou quinto contedor, sempre que os servizos técnicos da Consellería do Medio Ambiente da Xunta de Galicia podan verificar o seu bon funcionamento.

Desde o BNG sinalase que é  precisa unha mesa de traballo onde estén representadas a Consellería de Medioambiente, a Consellería de Facenda e a FEGAMP, co fin de acadar un acordo a medio prazo que permita establecer un marco estable no aspecto económico da xestión dos residuos. Asimesmo esta comisión permitirá acadar acordos entre os responsables da recollida (Concellos) e os xestores da maior parte dos residuos (Xunta de Galiza /SOGAMA) sobre as verdadeiras necesidades para o tratamento sustentable dos residuos, evitando gastos superfluos e novos taxazos.

O BNG esixe que tanto á Xunta de Galiza como ao Estado español á posta en marcha dos regulamentos e ordes que permitan facer realidade os obxetivos da Lei 7/2022 de 8 de Abril de residuos e chans contaminados para unha economía circular. Facendo realidade, medidas tales, como a priorización do pago por retorno de envases, a creación de SCRAPs para residuos como colchóns, móbeis, cabichas, … Así como acadar (neste caso a Xunta de Galiza) os acordos precisos cos SCRAPs xa existentes como Ecoembes e Ecovidro para a mellora e sustentabilidade dos sistemas actualmente implantados, escoitando a ás entidades locais, de xeito que estos convenios se axusten á realidade no noso País. Asimesmo a administración competente en cada caso, deberá vixiar que se cumpla a lexislación vixente, en canto á posta a disposición dos consumidores de productos a granel nos centros de venda e a redución real por parte das empresas, tanto dos envases superfluos como dos refugallos de alimentación. Tamén é precisa unha procura de solucións de proximidade, na medida do posible, para as distintas fraccións do lixo, especialmente a fracción FORSU, tales como plantas locais, comarcais ou mediante colaboración con explotacións agrogandeiras en plantas de agrocompostaxe, sempre e cando non sexa posible a compostaxe individual ou comunitaria. Empregando o quinto contedor só cando non sexa posible unha opción de proximidade. Varela sinalaba que demandarán no pleno do 25 de outubro a creación dun “Fondo específico de axudas á mellora na sustentabilidade da Xestión dos Residuos en Galiza”. Este deberá contar para a súa concesión con factores de corrección que favorezan a aqueles Concellos que presenten datos favorables na redución de toneladas de residuos procedentes do colector de rechazo e incremento nas toneladas de residuos das distintas fraccións recicladas (vidro, envases, papel-cartón, materia orgánica, …) nos últimos 10 anos. Asimesmo deberá ter en conta o factor diferencial de Ourense, entregando os fondos para a mellora da sustentabilidade da xestión dos residuos á Deputación Provincial de Ourense no que corresponda a aqueles Concellos que teñan o servizo de xestión do contedor de rechazo delegado a esta institución.


Desde un punto máis próximo á institución provincial as nacionalista instarán á Deputación Provincial e aos Concellos das comarcas de Ourense con xestión propia a establecer campañas de concienciación na redución, reutilización, separación e reciclaxe dos residuos. Complementando esta acción coa posta en marcha dun servizo de inspección e sanción que dé cobertura á totalidade dos Concellos de Ourense.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------