Dende a pasada semana poden abrir os ximnasios pero só un o fixo. Esta semana temos novas aperturas no carballiño

Os ximnasios e centros deportivos deberán cumplir as normas básicas de seguridade e hixiene marcadas polo Goberno: manter a distancia interpersoal de 1,5 metros (o que limitará o aforo), y evitar aglomeracións. Ademais, deberanse levar a cabo protocolos de ventilación e limpeza para asegurar estas medidas hixiénicas.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES


Como na fase 3, xa non será necesario concertar cita previa, ainda que haberá control de aforo tanto nas salas de adestramento como nas clases colectivas. Tamén poderanse usar durante esta nova normalidade, como na anterior fase, os vestiarios e duchas.

Deberán facer unha desinfección continua de aparatos, instalacións e material deportivo.

Ximnasios que a maiores teñen outro tipo de instalacións deportivas coma piscinas, agardaron ata ter toda a documentación sobre protocolos de seguridade que indique a Xunta de Galicia para reaperturar con todas as garantías e o farán a vindeira semana.