O concello lerá un manifesto o 8M e fará accións formativas nos centros educativos

A concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Lupe Sobrado, presentou hoxe en rolda de prensa as iniciativas que levarán a cabo para a celebración do 8M deste ano e o cartaz das mesmas. Nesta ocasión, as actividades que se levarán a cabo minimizarán as reunións, dada a situación sanitaria. O concello prepara a lectura do manifesto no balcón do concello, ca colaboración do grupo de teatro Dar Trela. Neste acto, que se celebrará ó aire libre na Praza Maior, participarán os centros educativos, Bo día Familia, Cruz Vermella, ASPADISI, ASDIFICA e as asociacións de mulleres. Completarase con obradoiros nos centros educativos nas próximas semanas, cunha xornada en cada centro. Con esta iniciativa proponse implicar ó alumnado na resolución das desigualdades de xénero.

Publicidade

Ademais, estase a preparar unha publicación na que se recollen ás mulleres máis representativas do Carballiño. Esta iniciativa comezará a difundirse en Facebook e posteriormente formará parte dun libro. Nela farase fincapé tanto en grandes rostros, recoñecidos por logros laborais, coma mulleres que foron improtantes para o Carballiño polo seu emprendemento.

PUBLICIDADE