O concerto fíxose nas mellores condicións de seguridade para os músicos E cal foi a diferenza?
O sábado 31 de Outubro, Lume de Biqueira Banda de Gaitas actuou en concerto tras oito longos meses sen pisar un escenario, no marco do Festival MagiCéltica de Madrid.
Pero esa non sería a noticia, senón que o concerto fíxose nas mellores condicións de seguridade para os músicos E cal foi a diferenza?
Que quen tocou a gaita fixérono protexidos por unhas máscaras especiais, ideadas por https://www.facebook.com/mr-100593048117652/. Mellores que calquera que se poida atopar en páxinas web, xeralmente non españolas.
Desde o principio desta dramática pandemia, a nosa preocupación foi a de crear o noso propio protocolo, buscando a maior e mellor protección para os músicos e para o público en xeral. Por iso, fixemos un chamamento nas redes para atopar máscaras especialmente destinadas a gaiteiros. Tras recibir e avaliar ata sete prototipos, o que maior puntuación obtivo, particularmente polo modo en que había resolvido o problema da abertura para introducir a embocadura, foi un dos dous presentados por Mary Rubio (de Ordes, A Coruña), no link antes citado, que non se trata dun simple buraco nas teas, que calquera podería facer diminuíndo drasticamente a seguridade que as máscaras deben proporcionar.
Tentamos tamén contar con máscaras para instrumentos de vento, as chamadas bell covers ou bell masks, blow savers, etc., para completar o noso equipamento anti- covid. Lamentablemente, todos os sitios web nas que se ofrecen sitúanse no estranxeiro e, ademais, están pensadas para instrumentos de vento propios de bandas de marcha ( saxofones, trombóns, trompetas, tubas….) cuxa copa é bastante máis grande que as nosas das gaitas galegas, polo que as medidas non nos valían. Atopamos unha empresa española á que fixemos un pedido para este concerto, pero estas máscaras non chegaron aínda.
Tamén tentamos (en balde) atopar protocolos certificados para a desinfección das gaitas, particularmente do interior dos tubos dos roucos e punteiro e do fol no que se insufla e almacena o aire durante a execución. Dado que as gaitas están construídas con madeiras nobres, non parece prudente utilizar calquera medio químico non verificado en laboratorio como inocuo para a integridade das súas pezas e que non perden as súas calidades musicais e sonoras. Parece mentira que non exista unha investigación conxunta da industria e as universidades sobre isto, que xa debería ter resultados antes mesmo da pandemia.
Esta banda continuará buscando solucións para non parar de facer música con seguridade. Porque a música é un ben esencial.