A Xunta amplía unha prórroga da Tarxeta Básica, que axuda as familias en situación de emerxencia social

Publicidade ASPADISI

A Tarxeta Básica, que achega entre 450 e 900 euros trimestrais –dependendo do número de persoas que conforman a unidade familiar— a familias vulnerables, ampliará a súa vixencia por tres meses máis. Grazas a esta prórroga, as persoas que a recibiron nos meses de xullo, agosto e setembro poderán volver solicitalo para recibilo durante 3 meses máis. E os novos solicitantes terán a oportunidade tamén de acceder á Tarxeta sabendo que pode ser un apoio extra para as súas necesidades durante medio ano.

O titular do Goberno galego salientou a simplicidade do proceso para acceder á Tarxeta Básica, xa que o solicitante pode facelo a través da Cruz Vermella ou dos servizos sociais do seu concello e recibiraa nun prazo máximo de 72 horas. Desde a súa aprobación en xullo xa se beneficiaron dela 7.000 familias

HIPER MASIDE