As áreas de Cultura e Educación do Concello do Carballiño organizan para este vindeiro domingo un concerto de música galega baixo o epígrafe “Ves como sabes?”, dentro da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. A cita terá lugar ás 7 da tarde no Auditorio Manuel María e nela estará Francisco Castro, acompañado por un grupo integrado por guitarra, baixo, batería e coros, para ofrecer un recital en directo, con unha hora de duración aproximada.
“O obxectivo é que o público recoñeza as moitas cancións en lingua galega que cecais tiña esquecidas e que nós recuperamos para ser escoitadas”, comenta Francisco Castro. Así, no repertorio previsto figuran cancións míticas de Galicia, coma é “O tren” de Andrés Dobarro, un éxito dos primeiros anos 70, e outras máis arraigadas do folclore tradicional. Unha vez que os asistentes ao concerto identifican a música e a letra destas cantigas, xa está en condicions de acompañar cos seus coros ao grupo de Francisco Castro e así desfrutar dunha agradable velada.