O xove deportista do Irixo Roi Freixedo vén ven de proclamarse Campión de España no Campionato de España de Armas Olímpicas, ao conseguir a medalla de ouro no Campionato de España de Armas Olímpicas, na modalidade de pistola velocidade na súa categoría ‘junior’. Este triunfo supón o bicampionato para o tirador da comarca carballiñesa, xa que na modalidade de armas de precisión xa acadara a medalla de ouro no Campionato de España en ‘Sub23’ en pistola 10M o pasado mes de maio en Murcia.
En pistola velocidade compítese cunha arma curta de fogo do calibre 22LR. Tírase sobre 5 dianas diferentes de 50 cm de diámetro situadas a 25 metros de distancia, puntuando de 0 a 10 puntos. A proba consta de 60 disparos de competición, divididos en dúas fases de 30 disparos cada unha. Cada fase está subdividida en seis (6) series de cinco (5) disparos cada unha. Dúas series de 5 disparos en 8 segundos, dúas de outros 5 disparos en 6 segundos e remátase con dúas series de 5 disparos en 4 segundos. En cada serie efectúase un disparo a cada unha das cinco dianas no tempo límite especificado para cada serie. Antes de cada unha das fases de competición realízase unha serie de proba tamén de 5 disparos
Entre o 17 de 20 de setembro o Campo de Tiro do Centro Especializado de Alto Rendemento de Granada acolleu a cerca de 300 deportistas en competicións nacionais e internacionais de precisión. O centro, referente internacional do Tiro, albergou o IV Gran Premio Internacional Las Gabias de Aire e o Campionato de España de Armas Olímpicas do calibre 22LR (Carabina Tendido, Carabina 3×20, Pistola Deportiva e Pistola Velocidade), tamén se disputou nas modalidades non olímpicas de Carabina Tendido e Pistola Libre.
Roi Freixedo tamén participou no IV Gran Premio Internacional Las Gabias (Pistola Aire 10M), facéndose cun ouro en equipos de clubs, xunto cos seus compañeiros Martín Freije e Nico Fraga e Roi Freixedo, e un diploma polo cuarto posto na competición individual.


















