Ribadavia dará entre 300 e 200 euros ós hostaleiros do municipio

A Xunta de Goberno do Concello de Ribadavia ven de aprobar unha liña de xudas para a hostelería, restauración e actividades auxiliares destas, con unha dotación de 20.000€. As axudas, que poderán solicitarse durante dez días naturais despois da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia, son unhas axudas liniais de 300€ por beneficiario, no caso da hostelería e restauración, e de 200€ por beneficiario no caso das actividades auxiliares.

Publicidade

PUBLICIDADE

Estas axudas, que serán compatibles con calquera outra medida, axuda ou subvención adoptada por calquera outra administración  pública ou ente público ou privado; están dirixidas a autónomos e pemes do sector da hostelería e restauración e de actividades auxiliares. Por actividades auxiliares enténdense aquelas que se ven afectadas por ser proveedores directos do sector da hostelería e restauración que, tal e como se sinala nas bases aprobadas hoxe son: carnicerías, pescaderías, fruterías, panaderías e distribución de bebidas.

Entre os requisitos básicos para poder optar a estas axudas atópase a obrigatoriedade de estar censado en Ribadavia e que o domicilio fiscal e, no seu caso, o local de desenvolvemento da actividade se atopen no termo municipal de Ribadavia. No caso das axudas ás actividades auxiliares da hostelería e restauración para poder acceder a dita axuda deberán presentar unha declaración xurada na que conste o listado de establecementos de hostelería, coa súa sede social en Ribadavia, dos cales estes negocios son proveedores. Esta declaración xurada, sinalará tamén que a cifra total de ventas destes negocios ao total dos establecementos hosteleiros que sinalan no listado non é inferior a 9.000€ / ano.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “ con estas axudas pretendemos dar unha resposta de xeito áxil ás necesidades dos profesionais dos sectores da hostelería e a restauración que se viron obrigados a pechar e cesar a súa actividade como causa da situación de emerxencia sanitaria que estamos atravesando. O obxecto destas axudas e contribuir minorar as perdas destes sectores e axudar tamén a afrontar gastos fixos que estes profesionais teñen independentemente de que non poidan estar desenvolvendo a súa actividade. Pero ademais, decidimos ampliar as axudas a sectores e actividades auxiliares da hostelería e a restauración que poden ver moi minorados os seus ingresos co peche destas por ser proveedores habituais da hostelería e a restauración.”

César Fernández afirmou que “dada a complexidade da situación entendimos que o concello debía facer un esforzo importante por poñer recursos para axudar a estes negocios que se viron obrigados a pechar por causa da pandemia. E cómpre lembrar que esta nova liña de axudas ven a unirse a un amplo programa de axudas e accións destinadas a contribuir a paliar o efecto da crise sanitaria no comercio local de Ribadavia e nas persoas máis desfavorecidas. Por eso, a día de hoxe xa se puxeron en marcha unha liña de axudas a autónomos e pemes pagada no mes de setembro, a liña de axuda social para comprar produtos de primeira necesidade no comercio local “Ribadavia Contigo”, esta liña de axudas á hostelería e actividades auxiliares, e o bono de desconto no comercio local que estará vixente na campaña de nadal.”