Mais de 52.600 maiores recibiron xa a cuarta dosis contra a covid en Galicia

inicio vacinacion maiores de 80 anos no centro medico do milladoiro

Máis de 52.600 maiores galegos recibiron xa nestes días a cuarta dose da vacina contra a covid-19. Nos últimos tres días, os equipos de enfermaría foron quen de administrar 31.015 doses nos puntos de vacinación masiva.

A asistencia foi subindo de maneira progresiva desde o venres. Por outra banda, hai que ter en conta que o primeiro dia de vacinación en grandes recintos, o venres pasado, a Cidade da Cultura foi desaloxada por motivos de seguridade e interrumpiu a vacinación durante 3 horas consecutivas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Segundo o plan da Consellería de Sanidade, o vindeiro mércores día 12 remata a vacinación do grupo etario de 85 e mais anos, e o xoves comezarase coa administración da cuarta dose as persoas de 80 a 84 anos. Ademais, adiántase a citación da poboación de 70 a 79 anos.

Respecto á vacinación da gripe, o 96% das persoas aceptaron a administración conxunta da vacina da gripe e COVID, o que significa que non terán que acudir xa ao seu centro de saúde para solicitar a administración desta vacina.

A Consellería de Sanidade agradece a toda a poboación a súa colaboración e responsabilidade, e lembra que os maiores de 80 anos que non puidesen acudir a un gran recinto, serán citados nos centros de cabeceira correspondentes así como atenderase no seu domicilio aos pacientes inmobilizados que cumpra os criterios clínicos establecidos, seguido o procedemento establecido desde o principio da campaña de vacinación.

A vacina que a Xunta de Galicia está a administrar é multivariante, contra as variantes BA4 e BA5, as circulantes actualmente.

A vacina contra a covid-19 evita ingresos hospitalarios e salva vidas. Hoxe, temos 1.605 casos activos en Galicia. Por este motivo, a Consellería de Sanidade fai un chamamento á vacinación e agradece a colaboración de concellos, grupos políticos e outras institucións que están animando aos nosos maiores a que acudan, unha vez mais, á cita contra covid-19.