O Arenteiro xoga este domingo co Alondras no campo do Espiñedo

IES CHAMOSO LAMAS

O partido será ás 16,30h contra o Alondras, e a directiva aínda está á espera de saber o aforo que lles estará permitido dada a nova situación do Carballiño. Nesta situación poderían darse dous escenarios. Por un lado, que se manteña cun aforo de 75 persoas, para o cal xa teñen solicitado de novo a ampliación a 150. Neste caso habilitarán a entrada ó estadio con preferencia para os socios. Ou, por outro lado, que de aquí ao domingo se aumente o aforo por decreto a 150 persoas, co cal solicitarían ampliación a 300. Nese caso, abrirían a adquisición de pases para todo o resto de socios.