Moda, coworking e brecha de xénero nas carreiras tecnolóxicas, entre os temas da xornada final de “Utopía Noroeste”

Xornada de clausura do I Congreso de Innovación, Tecnoloxía e Ideas Disruptivas a celebrar no Pazo de Vilamrín (Vilamrín - Ourense). Asisiten Manuel Baltar (Presidente da Deputaión de Ouresen), Jaime García Cantero (Pais Retina), Fernando Suárez Lorenzo (Presidente do Colexio Enxenería Informática de Galicia) e Juan Rivas (Organizador do Congreso)

Manuel Baltar participou hoxe na xornada de clausura deste evento, no Pazo de Vilamarín, “punto de encontro estes días para reflexionar sobre os desafíos éticos e políticos que expoñen os cambios que vive a sociedade como consecuencia da crise do COVID-19”, destacou

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na xornada de clausura de “Utopía Noroeste: congreso de innovación, tecnoloxía e ideas disruptivas”, un evento que se desenvolveu en Ourense e Vigo e que nace co obxectivo de crear un espazo de intercambio e debate, centrado nas posibilidades de Galicia dentro do novo marco económico que se abre a partir das innovacións tecnolóxicas e os cambios que trouxo a crise do COVID-19, como o teletraballo ou a teleformación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Cofinanciado pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, o congreso celebrou hoxe a súa xornada final, que arrincou cunha charla sobre moda e adaptación aos cambios, co testemuño de Amalia Formoso, responsable da firma de moda Zurita, quen desde China explicou como a súa empresa adaptouse ás novas tecnoloxías e aposta pola moda sostible. A vicerreitora da Universidade de Vigo Natalia Caparrini reflexiona sobre as carreiras de futuro e a brecha de xénero nas denominadas STEAM (siglas en inglés de ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas) e como animar ás mozas para incorporarse nestas disciplinas.

María Rodriguez e Edo Sadikovic contan a súa experiencia vital en Sende, un espazo de coworking e coliving, nunha aldea do Xurés, de apenas 20 habitantes, onde transformaron casas tradicionais en oficinas modernas e espazos de traballo, que acolleron a máis de 3000 persoas nos últimos 7 anos.

Fernando Suarez, presidente do Consello Xeral de colexios de enxeñeiros informáticos, diserta sobre “Ourense como provincia intelixente” e o turismo do futuro. E tamén se debate sobre a implementación do 5 G, con Luís Álvarez Sestelo, presidente da asociación galega de empresas tecnolóxicas INEO. A xestión integral a través da visualización avanzada é obxecto de análise por parte de Manuel Meijide, experto en smart cities e industria 4.0, quen desenvolverá na súa intervención o concepto do “xemelgo dixital”. Esta primeira edición finalizará coas reflexións sobre o emprendemento, apuntando á beira máis práctico, da man de Carlos Blanco, un chamado ” business angel”, cunha especial e certeira visión para os negocios, emprendedor e investidor no sector das novas tecnoloxías.

Estas xornadas abren un espazo para reflexionar sobre os desafíos éticos e políticos que expoñen todos estes cambios e como poden combinarse nun gran restablezo da sociedade desde unhas bases sostibles.