O BNG de Leiro denuncia cortes de luz periódicos no casco urbano

No pleno de Febreiro o BNG xa tiña pedido ao Alcalde que contactase coa empresa encargada do abastecemento e que pedise explicacións sobre esta situación.

Observando que nas últimas semanas se repetiron, volven denunciar e reclamar ao equipo de goberno que pida explicacións para que este problema se resolva de forma inmediata.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o BNG entenden que o concello ten que asegurar a  subministración da electricidade a todos os fogares dunha forma estábel e  de calidade. Afirman que non é admisíbel que neste mes de novembro, por dúas veces, varios barrios do núcleo urbano estivesen sen luz durante máis de 12 horas.