O Concello do Carballiño retomará o próximo luns, 30 de novembro, a celebración da feira, que quedou interrompida desde as restricións impostas no municipio do Carballiño o pasado mes de outubro.

Co obxectivo de garantir as medidas sanitarias de seguridade e separación pola Covid-19, ampliaranse os espazos reservados para ubicar os postos de venda ambulante, co que  se cumprirá estritamente a normativa establecida para o nivel 2.

Así mesmo, pídese á veciñanza o mantemento da distancia de seguridade, o uso da mascarilla e o lavado frecuente de mans con xabón ou xel hidroalcólico.