Atopan ó home de 93 anos desaparecido en Bande en perfecto estado

A Garda Civil de Bande buscaba dende o día 29 de novembro a José García Prieto, de 93 anos. Presentaba deterioro cognitivo con desorientación. O dispositivo de busca estaba activo dende ese día e só foi posible atopalo gracias á axuda do helicóptero da Garda Civil. Foi atopado con hipotermia e trasladado ó CHUO para facerlle unha valoración médica.

Publicidade

Estivo dous días sen comer, pero as súas constantes vitales estaban en perfecto estado. Foi atopado a 100 metros da súa casa nun desplome do terreo, polo que pensan que foi provocado por unha caída.