O BNG súmase á crítica pola perda do obradoiro de emprego en Ribadavia

A formación asegura que, vendo a relación de concellos agraciados na provincia cos obradoiros de emprego, dende o BNG sacan varias conclusións. Afirman que o goberno da Feijoo, puntúa as solicitudes de subvención de xeito que teñan moitas máis posibilidades os concellos máis pequenos que son os que maiormente goberna o PP.

Consideran comprensible unha certa discriminación positiva cara os concellos máis rurais, pero máis chamativa aínda é para o BNG a case total ausencia das vilas da provincia, que padecen, como é o caso de Ribadavia, taxas de paro superiores ás dos concellos limítrofes que si son agraciados.

AVANTAR ACTIVIDADES