Ribeiro en Común pedirá datos da reforma do centro de saúde

IES CHAMOSO LAMAS

Ribeiro en Común parabenizase pola rectificación do alcalde, que ata fai ben pouco opoñíase a reforma do actual Centro de Saúde, chegando a votar en contra no Parlamento cando era deputado do PP.

Ribeiro en Común asegura que se fai este anuncio para tapar a xestión na perda de dous Obradoiros solicitados en febreiro do 2020, e a perda de máis de 100 postos de traballo. Consideran dende a formación que é de xustiza que a Xunta faga esta reforma, tras anos negándolle a Ribadavia unha reforma do seu Centro de Saúde.

OZOCOgz Deseño Galego

Nestes anos Ribeiro en Común presentou no Parlamento de Galicia reiteradas enmendas aos Orzamentos das Xunta para esta reforma, e o actual alcalde votou en contra de dita reforma e orzamentos, segundo afirman. Ribeiro en Común tamén pedirá información sobre o proxecto, en que vai consistir dita reforma, e pedirá que o alcalde explique claramente que vai facer cos terreos municipais nos que el defendía ubicar a construción dun ambulatorio novo.

Afirman ademais que deberán reforzar tamén os servizos sanitarios que levan demasiados anos sendo vítimas de recortes e falta de persoal.