A praza de abastos inicia hoxe a campaña de Nadal con grandes premios

A praza de abastos do Carballiño inicia un ano máis a súa campaña de Nadal, que consiste no sorteo de varios lotes de produtos entre todos aqueles que realicen as súas compras no mercado local. A campaña está activa dende hoxe, día 7 de decembro, ata o día 23 de decembro, no que se fará o sorteo nas súas instalacións. Os premios que se sortean son sete cestas de Nadal con produtos do comercio local e unha caixa de viño Pazo Tizón.

Dende o concello animan a todos a mercar na Praza de Abastos e tamén no Carballiño, os veciños e á xente de fora, para intentar dar un pulo ó comercio despois de meses tan duros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste acto tamén estivo representado o Centro Comercial Aberto, que apoiou o produto da praza de abastos e animou a que se siga apostando pola materi prima fresca e de proximidade.