Para o BNG, os Orzamento Xerais do Estado marxinan de novo a Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O  BNG de Ourense, denuncia que as contas aprobadas o pasado xoves, esquencen inversións moi necesarias para a Ourense

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O pasado xoves o Congreso dos Deputados aprobaba inicialmente os Orzamento Xerais do Estado para o exercicio 2021. Unhas contas presentadas polo PSOE e por Unidas Podemos que discriminan claramente a Galiza ao reducir nun 11,2 % as inversións previstas non noso país.

Os Orzamentos Xerais do Estado continúan a ser insuficientes para as ourensás e ourensáns. O BNG presentou emendas para lograr unha mellora real e incrementar os investimentos nas comarcas ourensáns diante da crise sanitaria, económica e social.

Lembran os nacionalistas que a modernización da vía Ourense-Lugo está incluída grazas ao acordo de investidura acadado polo BNG. Coa desculpa do AVE queren deixar de lado moitas necesidades, como un servizo de tren de proximidade ou cercanías ou a mellora das infraestruturas viarias.

Desde o BNG amosan tamén a súa preocupación ante as obras do Arqueolóxico de Ourense, posto que non rematarán até 2024 e outros equipamentos quedan en suspenso. A Variante norte de Ourense, tramo Eirasvedras – Quintela, prevista para 2021, só contempla o proxecto e queda retrasada ao ano 2024. Confírmase unha vez máis que levamos décadas de incumprimentos de PP e PSOE segundo denuncian os nacionalistas.

Valoran tamén negativamente, que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e o de Ciencia e Innovación non destinen absolutamente nada para Ourense. É sorprendente que coas graves carencias de conectividade que ten Ourense tampouco haxa un só euro no Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.

Outra das emendas presentadas e que non foi tida en conta fai referencia a urxente necesidade de rexenerar e sanear os ríos de Ourense. O río Barbaña e por extensión o Miño ao seu paso pola cidade, son constantemente atacados medioambientalmente con verquidos que en moitos casos quedan impunes. A súa rexeneración, limpeza, saneamento e posta en valor tampouco foi atendida polo goberno central, goberno que se autodenomina progresista, social e ecoloxista.

Orzamentos que como vemos, non recollen ningunha das vellas reivindicacións xa non só do BNG de Ourense senón do conxunto da veciñanza. Por este motivo entre outros moitos, o BNG xustifica o seu voto en contra a unhas contas que discriminan a Galiza no seu conxunto,  e discriminan a Ourense en concreto.

Pese a todo, desde o BNG afirman que seguirán a traballar para tentan solventar estas e outras moitas carencias existentes a día de hoxe nas contas xerais do Estado.