Ribadavia pon en marcha unha escola de Nadal para a conciliación

O concello de Ribadavia pon en marcha a escola “Tempo de Nadal”, unha actividade de conciliación levada a cabo en colaboración co centro de ensinanza Bolboretas e Estudio Arte. A actividade de conciliación contará con 40 prazas  para nenos e nenas de 3 a 15 anos, e a actividade desenvolverase dende o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro, en horario de 9:30 a 13:30 no antigo colexio da alameda. A matrícula na escola “Tempo de Nadal” ten un prezo de 25€ para empadroados no concello de Ribadavia e 50€ para non empadroados, e as solicitudes recolleranse e presentaranse en Bolboretas ou en Estudio Arte. As prazas outorgaranse por rigurosa orde de inscrición e pagamento e, unha vez esgotadas as prazas existentes crearase unha listaxe de agarda na que se inscribirá aos usuarios por rigurosa orde de solicitude.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “un ano mais, apostamos por poñer en marcha unha escola de nadal que permita ás familias de Ribadavia conciliar a vida laboral e familiar ao longo deste período non lectivo do Nadal. Evidentemente, esta actividade desenvolverase tendo en conta todos os protocolos sanitarios e de seguridade derivados da emerxencia sanitaria provocada pola pandemia do COVID-19”

AVANTAR ACTIVIDADES

César Fernández destacou que “A aposta pola conciliación é un aspecto fundamental da nosa acción de goberno, por eso implementamos un plan integral de conciliación con actividades en todos os períodos non lectivos do ano, e creamos servizos coma o servizo de madrugadores, xa que queremos que as familias conten con todas as facilidades e todos os servizos necesarios para desenvolver o seu proxecto vital en Ribadavia.”