Marina Ortega reclámalle á Xunta que elimine o copago aos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, reclamoulle hoxe á Xunta que elimine o copago aos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar –SAF- para o coidado a domicilio de persoas con necesidades asistenciais. Ortega presentou unha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta que manteña o SAF extraordinario ata que a pandemia sexa controlada en Galicia, pero que foi rexeitada polo PP.

Explicou que este servizo é financiado entre familias, concellos e o goberno galego, que continúa a aportar hoxe o mesmo que hai unha década, a pesares de que o custe por hora pasou de 12 a 22 euros, co cal a diferenza recae sobre o copago dos usuarios e os concellos galegos. Reclamoulle ao goberno galego que “aumente a aportación que lle corresponde e libere aos concellos” e aos usuarios dunha carga que non lles corresponde.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ortega explico que o SAF extraordinario foi implantado polo goberno galego dende o 11 de abril para axudar ás familias a afrontar a crise da pandemia, pero a súa vixencia rematou o pasado 30 de novembro. Reclamaron trasladarlle as condicións do SAF extraordinario ao ordinario para “investir nas persoas” mantendo así as 500.000 novas horas mensuais que lles asignaron aos concellos para o coidado a domicilio de persoas con necesidades asistenciais.

Ademais, reivindicou máis recursos cuantitativos e cualitativos para as traballadoras do servizo, xa que este servizo “non serve de nada se as condicións laborais non son óptimas, xa que agora “as traballadoras pagan a costa das súas condicións laborais”, o que repercute finalmente na calidade do servizo.

Denunciou que o PP “non quere investir nas persoas ni eliminar o copago dos usuarios”, logo dos recortes de Feijóo en Galicia e Rajoy en Madrid que “fulminaban e descoordinaban a esencia da Lei de Dependencia”. Sinalou que este piar do Estado do Benestar recibe nos actuais Orzamentos Xerais a maior partida dende 2012.

Ortega explicou que o servizo está aínda “lonxe de recuperar os 6.000 millóns de euros que lle recortou o PP”, por moito que “continuemos reconstruíndo a Dependencia que o PP tumbou en 7 anos no Estado e en Galicia.