O concello culmina varias obras en vías do rural de cara ó final de ano

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A mellora da pista de acceso e do aparcamento das piscinas municipais, é un dos tres lotes de obras que adxudicou o concello do Carballiño por un importe global de máis de 92.000 euros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este proxecto, que consistiu en acondicionar e asfaltar o firme do camiño de acceso dende a ponte de Veiga e o do aparcamento, xa está finalizado.

Outra obra moi necesaria no ámbito do rural é a mellora do firme da estrada entre Mudelos e Paciños, ata a zona da Carballeira. O proxecto, que se enmarca tamén nos Plans Provinciais 2020 e que está a piques de rematar, foi adxudicado por un importe de 45.090 euros.

Finalmente, o concello adxudicou á empresa constructora Vale a obra de mellora do firme de Pol a Zafra, que se enmarca no Plan de Mellora de Camiños Agader, da Xunta de Galicia, por un importe de 27.442 euros. Este proxecto estase iniciando neste momento, no que os operarios procederon xa á limpeza das marxes.