O concello de Boborás recolecta comida e mantas para animais

O Concello de Boborás pon en marcha unha campaña de recollida de comida e mantas para cans e gatos en colaboración coa Protectora de Animais do Carballiño. Precisan da nosa axuda, e agradecemos que todos os que poidan axudar o fagan. Os puntos de recollida serán o propio concello, Piensos Hermida na Almuzara e o Bar de Féas. O prazo para facelo remata o día 8 de xaneiro. E contacto para máis información é 662688666 (Marina- Concelleira de Benestar Animal do municipio) e organizadora da campaña.

Publicidade