Galicia limita o rexistro de viaxeiros a seis comunidades e Melilla

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Galicia actualizou onte o listado de países e rexións de rexistro obrigatorio para os viaxeiros que visiten a comunidade, unha ferramenta na que terán que anotarse os chegados dende Aragón, Asturias, Cantabria, Castilla e León, Melilla, País Vasco e A Rioxa. Fai 15 días, esta norma era obrigatoria para os chegados dende toda España menos Baleares e Canarias. Tamén deben comunicar esta circunstancia as persoas que visitaran calquera país de África e da maioría de países asiáticos; en canto ós procedentes de América, será obrigatorio para os procedentes de Estados Unidos, Costa Rica, Ecuador, O Salvador, Panamá, Venezuela ou República Dominicana. Xa non é obrigatorio para os procedentes de Arxentina. En canto a Europa, desaparecen do listado Francia, Grecia e Mónaco.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO