A policía autonómica realizou 114 identificacións, 34 dispositivos e tramitou 10 denuncias esta fin de semana en 7 concellos da provincia de Ourense nos controis de medidas ante a covid-19

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
  • Leváronse a cabo 46 inspeccións, que se enmarcan no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19, no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias

Ourense, 15 de decembro de 2020.- Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana, dende día 11 ata o día 13 de decembro, 34 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 46 inspeccións en 7 concellos da provincia na pasada fin de semana, con 114 identificacións e a tramitación de 10 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 11 ao 13 de decembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 34 dispositivos nos municipios de Ourense, Pereiro de Aguiar, Riós, San Cibrao das Viñas, Sarreaus, Verín e Vilar de Barrio

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 20 concellos, nos que que se rexistraron 91 operativos cun total de 101 inspeccións, con máis de 272 persoas identificadas e 38 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes  controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------