Unha exposición reivindica en Ribadavia o papel de Rosalía de Castro na cultura galega

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá inaugurouse en Ribadavia a mostra “Cincuenta anos da Casa de Rosalía. Exposición a Ceo Aberto”, froito da colaboración da Deputación de Ourense. A exposición xa percorreu máis de vinte localidades galegas e tamén Braga (Portugal), pero Ribadavia será a primeira localidade da provincia de Ourense en recibila e onde a mostra estará ata finais de Semana Santa, na Praza Buxán.

O acto contou coa presenza do alcalde de Ribadavia, César Fernández; da concelleira de Cultura, Yolanda Gómez; a concelleira de Servizos, Mari Luz Expósito; a concelleira de Xuventude, Regina Bahamonde, e a concelleira do BNG, Maite Rodríguez. Ademais, ata Ribadavia tamén se desprazou o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.

A exposición percorre a historia da Casa-Museo de Rosalía desde a súa apertura en 1971 e reivindica o seu papel na memoria cultural galega. A chegada da mostra reforza o vencello de Rosalía coa comarca do Ribeiro, onde recentemente se presentou o libro “Persoeiros do Ribeiro na vida de Rosalía de Castro”, de José Luís Chao Rey.