Os maiores de Punxín tecen gorros e patucos de la para as Cestas de Benvida da Xunta

IES CHAMOSO LAMAS

A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou hoxe no acto de entrega dos 2.000 produtos de la que os usuarios da casa do maior de Punxín fixeron para engadir á Cesta de Benvida. O Goberno galego renovou o deseño desta caixa e incorporou agasallos feitos a man por usuarios de 21 entidades sociais galegas.

Os usuarios da casa do maior de Punxín fixeron entrega persoalmente esta mañá dos gorros e botíns de la que viñan confeccionando nos últimos meses para que Amicos os incorporara ás Cestas de Benvida que se entregarán este inverno.

HIPER MASIDE