O centro de saúde do Irixo enche a axenda de vacinación da gripe deste mes de outubro

A campaña prolongarase durante 11 semanas de xeito continuado ata o vindeiro 31 de  decembro. Durante este  tempo a vacina estará dispoñible en 181 puntos de vacinación públicos e privados desta provincia de Ourense: centros de  saúde, hospitais, consultorios e centros médicos,  residencias da 3ª Idade e centros de menores.

Lémbrase a importancia, este ano máis que nunca, de concertar cita para a vacinación nos centros de saúde e non acudir directamente sen ser citado. Estivemos hoxe no centro de saúde do Irixo, no que a enfermeira Ana Ortiz informou de que a axenda de vacinación está completa para este mes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este ano, as autoridades sanitarias recalcan a importancia de vacinarse fronte á gripe especialmente pola confluencia de síntomas co coronavirus. Tamén invitou a todo o persoal de risco ademais da xente a maior a vacinarse.