A ‘IV Ruta Cabalar’ bate récord de participantes en San Amaro e consolídase coma unha cita de interese para coñecer a paisaxe e o patrimonio do concello

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de San Amaro celebrou esta pasada fin de semana dúas actividades vinculadas ao mundo ecuestre, co obxectivo de promover o deporte, a convivencia e a posta en valor dos espazos naturais e patrimoniais do municipio. O sábado foi a quenda da 4ª edición da ‘Ruta Cabalar’, na que os 90 participantes percorreron diferentes puntos de interese do municipio, partindo a primeira hora da tarde do campo da feira da localidade.

Un dos enclaves deste itinerario de 20 quilómetros foi o Castro de San Cibrán de Lás, parada obrigada para os xinetes, que coñeceron un dos xacementos senlleiros da época castrexa de toda Galicia, e onde degustaron uns peticos para coller forzas e continuar o percorrido. Despois de coñecer outros núcleos do municipio, de regreso ao lugar de saída, os participantes tiveron a oportunidade de divertirse aos sons dunha discoteca móbil e desfrutar dunha cea popular xa ben entrada a noite.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O alcalde, Fernando Rodríguez, quixo “dar os meus parabéns á Asociación de Cabaleiros de San Amaro por conseguir bater co número de 90 o récord de cabalos inscritos e un total de 150 persoas para acudir á cea, nesta cuarta edición da ruta, que xa está consolidada nun concello do rural coma é o noso”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xa na xornada do domingo, tivo lugar na Escola de Equitación e Equinoterapia ubicada no Picouto unha nova proba da Liga Interclubs de Doma Clásica de Galicia, sendo esta a segunda ocasión na que San Amaro acolle esta competición, con participación de numerosos nenos e nenas afeccionados ao mundo do cabalo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------