O Concello do Carballiño sobe 8 casos máis, ata situarse hoxe nos 163

coronavirus
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Na xornada de hoxe, os casos de coronavirus no municipio son 163, 8 casos máis ca onte.

O concello de Boborás ten 19 casos, un caso máis ca onte.  Piñor manténse nos 2 casos, Beariz nos 5 e San Amaro nos 2, sen cambios nesta última xornada. O Irixo baixa dos 9 de onte ó 8 de hoxe; Maside tamén baixa dos 6 ós 5 na xornada de hoxe. Punxín, a única zona sen ningún caso nos útlimos días conta hoxe cun positivo e San Cristovo de Cea sobe dos 3 ós 5 casos activos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende todos os concellos piden prudencia, que se limiten as saídas ó mínimo indispensable e esperan que a dureza destas medidas permitan estabilizar a situación nos próximos días.