XXII Festa do Viño de Cabanelas

No día de hoxe ven a presentarse a 12 edición da Festa do Viño novo de Cabanelas

Así transcorria a presentación que tivo lugar na adega do Pazo dos Quiroga. Nela interviron Paco Fumega, alcalde do Carballiño, Rosa María Fuentes, concelleira de Medio Rural e Servizos Públicos do Carballiño e finalmente Delfín Borrajo

A festa celebrarase o vindeiro 24 de novembro e na que como apuntaba Rosa, disporán de transporte público para dito evento.

Publicidade Premer na Imaxe

PROGRAMA

O programa previsto é o seguinte:

11,00 Misa na igrexa parroquial.

11,30 Pasarrúas coa Charanga Castro Vello.

12,00 Degustación do viño novo e castañas asadas.

14,00 Xantar no campo da festa a prezos populares. Menú: pulpo, carne ao caldeiro, chourizos novos con cachelos, viño novo de Cabanelas, castañas asadas, café de pota e licor café.

18,30 Merenda no campo da festa a presos populares. Mesmo menú que ao mediodía.