En Loiro ( Barbadás ) reciben o Nadal

Un ano mais, en Loiro (Barbadás) ultimamos detalles para que o noso nadal luza mellor ca nunca, e para que todo esté preparado para a inauguración do vindeiro venres 16 de decembro as 19.00 h. Unha gran arbore decorará a nosa praza do campiño onde ademais este ano como novedade colocaremos a representación dun gran pobo con figuras de profesions tradicionais galegas do rural.

Panadeiros, ferreiros, lavandeiras ou pastores de escayola pintados polos veciños daran vida as grandes casas que a unha escala de 1/12 construiron os veciños con todo tipo de detalles mostrando unha gran capacidade de creatividade. Un gran rio co auga corrente, un lavadoiro e hasta un cruceiro completan este decorado. No local social da Asociacion Cultural “Loiro na Memoria” colocamos un gran belen e outra representacion do nacemento feito por unha veciña con cascaras de hovos. Pero por si fora pouco, na inauguración contaremos con algunhas sorpresas que non se poden desvelar.  

AVANTAR ACTIVIDADES