Sofía García preséntase como candidata á alcaldía do Carballiño polo BNG

O Bloque Nacionalista Galego presentou esta mañá a súa proposta para as vindeiras eleccións do mes de maio. A súa candidata á alcaldía será de novo a voceira Sofía García, que estivo esta mañá acompañada pola deputada e voceira nacional, Ana Pontón, no evento realizado na Casa Gazpara. García agradeceu o apoio dos compañeiros e tamén da cidadanía.

Para Sofía García, é preciso actuar nos Servizo Sociais, na educación, na sanidade e na igualdade, todos eles incluídos no modelo de Carballiño que quere construír.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ana Pontón amosou o seu apoio á candidata carballiñesa, destacando a súa ilusión e o seu traballo ó longo dos anos. Para Pontón, aquí fai falla un cambio, que considera que debería estar liderado por Sofía García.