O Carballiño reduce os casos activos ata os tres contaxios

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ós 3. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño que hoxe continúa a ser o único concello da comarca con coronavirus.

Publicidade

O Carballiño rexistra hoxe 3 positivos, dous casos menos ca na xornada de onte.

E os demais concellos,  Boborás, Maside, O Irixo, Beariz, Piñor, Punxín, San Cristovo de Cea e San Amaro están libres de coronavirus.

Todos os concellos están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.