Hoxe sábado as cinco da tarde actuación de Milladoiro na Insua dos Poetas

Milladoiro conmemora o seu 40 aniversario cunha xira onde actuará en doce localidades galegas

A banda Milladoiro, referente da cultura de Galicia, cumpre 40 anos, e decidiu conmemorar esta efeméride cunha xira que recaerá e doce localidades.

AVANTAR ACTIVIDADES
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presenta en rolda de prensa a xira con motivo do 40º aniversario do grupo Milladoiro.

Na provincia de Ourense as dúas únicas actuacións serán este próximo sábado na Insua dos Poetas e no Barco de Valdeorras

A Fundación Ínsua dos Poetas (A Esgueva-Madarnás-O Carballiño) organiza  o concerto do grupo Milladoiro, que terá lugar este sábado, 28 de novembro, ás 17,00 h, con entrada gratuita ata completar o aforo, que é de 150 persoas, por tratarse dun evento ao aire libre, e que se desenvolverá con todas medidas sanitarias vixentes.

O evento conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do Concello do Carballiño.

Embaixadores da cultura galega

Os integrantes do grupo Milladoiro levan catro décadas actuando como embaixadores da cultura galega arredor do mundo, a través da ampla traxectoria de xiras e concertos por diferentes países de Europa, Asia e América.

Desde este mesmo mes de outubro e ata fin de ano os seus seguidores poderán gozar en directo dos principais éxitos da súa extensa discografía nalgún dos 12 concertos da xira do 40 aniversario.

As citas musicais celebraranse nos concellos de Mos, Santiago de Compostela, O Pino, A Estrada, Ames, Tui, Monforte, Portas, Vilanova de Arousa, O Barco de Valdeorras e Sobrado dos Monxes e a do Carballiño