O Carballiño baixa un só caso de Covid-19, contando hoxe con 26 contaxiados

O Concello do Carballiño baixa hoxe os casos activos nunha persoa, ata situarse nos 26, sen apenas grandes cambios dende os últimos días. Isto quere dicir que hoxe as altas son maiores ca os contaxios novos. Aínda así, dende o concello informan de que as altas e os contaxios están en cifras equiparadas, por iso o descenso destes días é moi paulatino. A comarca mantén os datos totais, con 47 persoas. A boa nova de hoxe é que o concello volve á cor verde no mapa epidemiolóxico, despois de que onte o concello pasara á cor amarela a causa do número de contaxios novos nos últimos 7 días. Deste xeito, estamos á espera do levantamento de restricións que podería producirse na xornada de mañá.

O resto de concellos mantéñense estables. Beariz hoxe sobe tres casos, ata situarse nos 4; Boborás baixa dous casos, para facer un total de 5 persoas contaxiadas. Os demais concellos non presentan cambios: Irixo segue con dous casos, Maside segue con dous casos tamén, Piñor conta con catro casos, Punxín ten un só caso activo e San Cristovo de Cea conta con 3 casos. San Amaro é o único que non ten ningún caso activo de coronavirus.  

AVANTAR ACTIVIDADES