Os Premios Ramiro Carregal sitúan a investigación oncolóxica como o único camiño para avanzar no diagnóstico e tratamento do cancro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

  • Emilio Alba e Patricia Altea recolleron os seus galardóns de mans do empresario e mecenas Ramiro Carregal nun acto presidido polo xefe do Executivo galego
  • O Dr. Alba destacou aimpresionanteevolución da oncoloxía desde que iniciou a súa actividade nos anos 80, que permitiu dobrar a supervivencia nas últimas tres décadas
  • Patricia Altea puxo o foco nas novas xeracións: “Sei que este camiño pode parecer difícil, mesmo inalcanzable ás veces. Pero tamén sei que, con motivación, esforzo e paixón, é posible percorrelo.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2026.– O Hotel Monumento San Francisco de Santiago acolleu este xoves, a gala de entrega do XIV Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal, dotado con 30.000 euros, ao Dr. Emilio Alba Conejo e do VII Premio a Talentos Emerxentes á Dra. Patricia Altea Manzano. Este galardón incrementou a súa contía nesta edición, polo que o proxecto da Dra. Altea recibe 15.000 euros.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O acto estivo presidido polo xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, quen quixo acompañar, unha vez máis, o empresario e mecenas Ramiro Carregal, quen destacou o percorrido desta iniciativa. “Nestes case 15 anos quixemos recoñecer os máis destacados investigadores dunha enfermidade que segue provocando moita dor, pero que, cada vez, cúrase máis. E iso é grazas á ciencia, aos investigadores e médicos que traballan cada día para mellorar a sanidade e a saúde de todos”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente executivo do Xurado, o Dr. Rafael López, agradeceu a Ramiro Carregal o seu compromiso con este Premio Internacional e felicitou os galardoados por incorporarse a unha longa lista de médicos e investigadores que están a contribuír a cambiar radicalmente a abordaxe do cancro. O Dr. López foi o encargado de ler o fallo do Xurado que outorgou o VII Premio Talentos Emerxentes á Dra. Patricia Altea, científica titular de Organismos Públicos de Investigación do Centro Andaluz de Bioloxía Molecular e Medicamento Rexenerativo (CABIMER), e o XIV Premio Internacional ao Dr. Emilio Alba, catedrático de Oncoloxía da Universidade de Málaga, investigador principal do Grupo de Investigación Clínica e Translacional en Cancro de IBIMA e director científico da Fundación CITAC (Centro de Investigación e Terapias Avanzadas do Cancro).

Agradecemento do Dr. Emilio Alba

No seu discurso de agradecemento, o Dr. Alba destacou a “impresionante” evolución da oncoloxía desde que iniciou a súa actividade nos anos 80, cando os pacientes eran diagnosticados con medios radiolóxicos que hoxe poderían resultar rudimentarios, as cirurxías eran moi agresivas, a radioterapia moi imprecisa “e só dispuñamos de algo máis dunha decena de fármacos con verdadeira actividade contra a enfermidade tumoral”.

Desde entón, o coñecemento biolóxico sobre o cancro “creceu de forma exponencial” permitindo métodos de diagnóstico moi precisos e sensibles, cirurxías moi eficaces e pouco invasivas, novas técnicas de radioterapia con moita menos toxicidade e tratamentos como terapias antidiana (medicina de precisión) ou inmunoterapia. “O resultado final foi que a supervivencia do cancro practicamente dobrouse nas tres últimas décadas pasando do 30 ao 60%”, explicou o premiado, quen lembrou que o obxectivo marcado pola Comisión Europea é lograr unha supervivencia do 70% en 2030. “Obxectivo ambicioso pero que debemos tentar conseguir”, subliñou.

Intervención de Patricia Altea

A Os investigadora Patricia Altea quixo aproveitar a súa intervención para lanzar unha mensaxe, ás novas xeracións: “Sei que este camiño pode parecer difícil, mesmo inalcanzable ás veces. Pero tamén sei que, con motivación, esforzo e paixón, é posible percorrelo. Non só para alcanzar metas persoais ou recoñecementos como este, senón para formar parte de algo moito máis importante: contribuír a facer da nosa sociedade un mundo mellor”.

A premiada explicou que o seu camiño na investigación comezou “cunha pregunta moi sinxela: entender o cancro”. Co tempo, comprobou que non se trataba só de entender a enfermidade, “senón de contribuír, aínda que sexa un pouco, a cambiar a vida das persoas”. Un camiño que a levou por diferentes etapas, países e laboratorios, pero do que aínda queda moito por percorrer. Finalmente, agradeceu a Rafael López, pola súa implicación nestes premios e polo seu extraordinario labor no campo da oncoloxía. “É un referente para min e unha inspiración para moitos de nós”, sinalou.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, felicitou os premiados, así como a todas as persoas que contribúen ao avance da sociedade, especialmente ao empresario Ramiro Carregal polo seu exemplo de mecenado e implicación. Entre os asistentes estaban, ademais dos membros do Xurado, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; varios representantes das corporacións locais de Santiago e Ribeira; a nova reitora da USC, Rosa Crujeiras; os membros do Xurado que outorga este premio, así como numerosas personalidades do ámbito académico, sanitario e institucional de Galicia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------