O Carballiño amosa preocupación rexistrando hoxe 47 casos activos, oito máis ca onte

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 62 contaxiados ( +10 ). O Concello do Carballiño presenta hoxe 47 casos activos, oito casos máis ca onte. Beariz mantén cinco casos activos e Maside e Piñor tres casos cada un deles. O Irixo conta con dous casos activos. Boborás e San Amaro contan cun caso activo cada un.

Os demais concellos, Cea e Punxín están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES