A Casa do Concello do Carballiño acolle durante os meses de abril e maio ‘Potiexpo 2026’, unha mostra das imaxes obtidas o ano pasado polos integrantes da asociación fotográfica O Potiños e que eles mesmos escolleron para a ocasión. A presentación desta exposición tivo lugar hoxe no salón de plenos do Consistorio coa presenza do edil de Cultura, Diego Fernández, e de Manuel Blanco e José Luis Montes, presidente e vicepresidente da asociación, respectivamente.
O concelleiro salientou que “O Potiños é un colectivo líder en Galicia e a nivel estatal tanto a nivel de eventos coma de formación continua, e que agora presenta unha selección de fotografías dos seus membros”. “Unha mostra que aportará a compoñente cultural á programación de actos relixiosos desta vindeira Semana Santa”, apuntou Diego Fernández.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Manuel Blanco suliñou “a variade que supón unha exposición deste tipo, con fotografías en branco e negro, cor, verticais ou horizontais, e que proporcionan unha ollada distinta de cada autor”. Engadíu que, tra-la incorporación a O Potiños do brasileiro Óscar Flint o mes pasado, “agora temos dous novos membros, Sander Ulloa e Alexandre Cabanelas, que ademais son uns excelentes músicos e que xa presentaron fotos nesta mostra”.
Finalmente, José Luis Montes avanzou que “este vindeiro sábado impartiremos un obradoiro de composición fotográfica para os nosos asociados, a fin de mellorar a súa formación, e no que estudiaremos aos grandes mestres da fotografía”.

















