A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade na estrada autonómica OU-193 no Casal, no concello de Cortegada

A actuación, que conta cun investimento de máis de 48.000 euros, céntrase na execución de novas beirarrúas na zona

O obxectivo é mellorar a accesibilidade habilitando un novo tramo de beirarrúa de 10 metros de lonxitude, entre os puntos 0+560 e 0+570, que conectará coa existente

AVANTAR ACTIVIDADES

As beirarrúas execútanse pola marxe esquerda da vía, dispoñendo tamén unha senda-cuneta entre os puntos 0+605 e 0+820

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria co fin de proporcionarlle aos cidadáns unhas estradas eficientes e seguras

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou hoxe as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade coa execución de novas beirarrúas na estrada autonómica OU-193 no Casal, no concello de Cortegada.
Esta actuación, que conta cun investimento de máis de 48.000 euros, terá un prazo de execución estimado de 4 meses.

Os traballos teñen como obxectivo mellorar a accesibilidade na zona mediante a execución dun novo tramo de beirarrúa de 10 metros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 0+560 e 0+570.
As novas beirarrúas en execución conectarán coas existentes, dispoñendo tamén unha senda-cuneta de 215 metros de lonxitude entre os puntos quilométricos 0+605 e 0+820.

Esta intervención desenvólvese pola marxe esquerda da estrada e dentro da franxa de dominio público, polo que non é necesario efectuar expropiacións.

A intervención, ademais, tamén inclúe un colector de drenaxe baixo ambos os treitos de beirarrúa e cuneta. Tamén se aproveitará esta actuación para executar a obra civil de canalización de iluminación.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlle aos cidadáns unhas estradas eficientes e seguras.