Éxito do Clube de Montaña Korporearenteiro Trail

Tres deportistas do Clube de Montaña Korporearenteiro Trail veñen de participar na proba de carácter internacional de carreiras de montaña Transvulcania by UTMB celebrada na illa de  La Palma, acadando Pili González Vázquez un extrordinario primeiro posto na súa categoría na distancia de Media Maraton de Montaña e Javier Janeiro Cerdeira acadando a posición 25 absoluta na distancia de Maratón de montaña.

Proba que discurre na súa meirande parte bordeando a Caldera de Taburiente, onde se acadan alturas de máis de 2.400 msnm, e na que gran parte do recorrido se realiza por encima dos 2.000 msnm, con altas temperaturas. Unha disciplina que cada vez acolle mais adeptos, e da cal o Clube KorporeArenteiro Trail representa à nosa vila non só en Galicia, se non a nivel nacional e puntualmente internacional, como foi niste caso no que partìciparon atletas de 67 paises.

AVANTAR ACTIVIDADES