Xuntos e Xuntas é un proxecto impulsado pola asociación de
Colleiteiros do Ribeiro para transformar unha situación de crise coma
a do COVID-19 nunha oportunidade, unindo as nosas forzas, para acceder
a unha canle, coma a de alimentación a que, fundamentalmente por
tamaño, non tiñamos acceso, e que agora xa podemos acceder grazas ao
programa MERCAPROXIMIDADE da Conselleria de Medio Rural.

Os viños de Colleiteiro se atopan entre os máis premiados e apreciados
polos consumidores, pero a situación de peche da hostalaría amosounos
que non son tan accesibles como pensabamos, ao non estar nos lineais
dos supermercados e grandes superficies. Con este proxecto pretendemos
dar máis visibilidade aos nosos viños de Colleiteiro e achegar ao
público o segmento de viños de calidade do Ribeiro.

Xuntas e Xuntos son dous viños, tinto e branco, que baixo o criterio
técnico de dous dos mellores enólogos de Galicia, como Álvaro Bueno e
Pablo Estévez, reproducen a excelencia dos viños de Colleiteiro dos
que se nutren. Pero non so están xuntos os nosos viños, xuntas tamén
as castes autóctonas do Ribeiro, xuntos os nosos vales, os nosos
proxectos... porque xuntos e xuntas imos saír desta.
Tamén colaboran neste proxecto os nosos provedores que sempre están
apoiando cando é máis necesario.
O primeiro lote 1 de Xuntos estará formado por 5334 botellas de viño
branco elaborado entre todas as castes brancas do Ribeiro (67,3%
treixadura, 14,4% de Godello, 11,6% de Albariño y un 6,7% entre
Loureira, Torrontes, Lado y Caiño Branco) é foi viño aportado por 10
colleiteiros. O Lote 1 de Xuntas serán 1332 botellas de viño tinto
(27,5% Caiño, 23,8% Mencía, Souson 18,1%, Brancellao 15,6% y Ferrón
15%)  no que participan os viños de 4 colleiteiros.

O viño presentouse oficialmente hoxe as 12.00
na terraza do club nautico de Castrelo de Miño.


Na presentacion interviron:
Alcalde de Castrelo de Miño

Presidenta da CEO

Presidente do CRDO Ribeiro

Director de AGACAL

Presidente da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro

Vicepresidente da Diputación de Ourense