O Carballiño e O Ribeiro potencian a creación de emprego cun centenar de persoas máis en activo en xullo

Os datos do paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo confirman que Galicia non só segue a resistir á covid-19 senón que a cifra de parados de xullo (151.934) é menor á de febreiro de 2020 xusto antes do inicio da covid-19.

Na nosa contorna, a comarca do Carballiño tamén descende, con 54 parados menos. A maioría, 40 desempregados, pertencen ó Carballiño; San Cristovo de Cea, Beariz e Boborás presentan as cifras máis altas, con 7 e 4 parados menos respectivamente. Pola contra, O Irixo, Maside e Punxín, presentan maior desemprego, aínda que en cifras moi baixas.

AVANTAR ACTIVIDADES

E no Ribeiro, situación moi similar, con 52 parados menos en xullo. Ribadavia lidera a creación de emprego con 15 parados menos, seguida por Leiro, con 11 persoas máis en activo. Pola contra, Beade e Carballeda de Avia presentan máis parados neste mes, con 2 e 6 persoas máis no paro.