O comercio local amosa a súa preocupación polas ventas da tempada de inverno

O comercio local afronta un presente e un futuro incerto. Aínda que as novas medidas restritivas so lles afectan na redución de aforo ós establecementos, aseguran que a limitación de reunións e o medo instalado, así como a imposibilidade de facer unha vida completamente normal, merman a súa situación económica.

Con respecto ás medidas, afirman que son necesarias, que a situación actual esixe responsabilidade e que chegan tarde, xa que consideran que no verán se deixou demasiada liberdade de movemento e de reunións.

En canto ó futuro, “incerto”. Concordan en que o nivel de vendas vai a caer nos próximos meses, e que a campaña de Nadal non será abondo. Xa o están notando nesta última semana.

PUBLICIDADE ELECTORAL