O vindeiro xoves, día 26, Cine Club Carballiño ofrece unha proxección moi especial, que terá lugar na Casa da Cultura da vila. Trátase dun pequeno documental, de 25 minutos de duración, “O banco que se creou sen diñeiro”, no que se conta a creación de Fiare Banca Ética, unha entidade financieira promovida pola cidadanía e que é hoxe unha auténtica ferramenta de transformación social inspirada nos valores da participación, democracia e xustiza.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A sesión audiovisual contará ademais coa presenza de Miguel Braña, membro da devandita entidade, para a súa presentación e posterior coloquio. A proxección será ás 20,30 horas na Casa da Cultura do Carballiño.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















