A Xunta pon en valor a aldea modelo de Penedo en Boborás e a súa aposta pola recuperación do porco silleiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O conselleiro do Medio Rural visitou a zona, na que a Xunta investiu case 82.700 euros en infraestruturas para facilitar o aproveitamento gandeiro e a dinamización das terras

Esta aldea conta cunha superficie de 23,41 hectáreas e de 665 parcelas de 131 propietarios

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A súa orientación produtiva céntrase no porco silleiro en extensivo así como da produción da alimentación necesaria nas terras de cultivo, mediante cereais e plantas autóctonas, poñendo en práctica a economía circular
 

José González salientou que desde a entrada en vigor da Lei de recuperación, en maio de 2021, arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria
 

O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou hoxe a aldea modelo de Penedo, no concello ourensán de Boborás, na que resalta xa a posta en produción de gando, concretamente de porco silleiro en extensivo. Esta aldea modelo conta cunha superficie de 23,41 hectáreas distribuídas en 665 parcelas de 131 propietarios.O conselleiro, que estivo acompañado pola alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, destacou a recuperación da raza do porco silleiro en extensivo, así como a produción prevista da alimentación necesaria nas terras de cultivo, mediante cereais e plantas autóctonas, poñendo en práctica a economía circular. Ademais, os terreos serán de produción ecolóxica. 

Para levar a cabo o aproveitamento gandeiro e a recuperación das terras da aldea, dende a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural executáronse as obras e instalacións precisas. Así, realizáronse os peches (tres tipos distintos perimetrais e interiores que permiten a xestión do gando nas parcelas), infraestruturas gandeiras (refuxio, cría e lazareto), instalacións de enerxía (pastor eléctrico) e sinalización precisa.

O orzamento total investido nestas obras e instalacións aproximouse aos 82.700 euros, sendo a partida máis importante a destinada aos peches e cerramentos, con arredor de seis quilómetros lineais. Así, realizáronse as instalacións de refuxio e cría executadas en madeira para a integración na contorna da aldea.A Consellería do Medio Rural destina neste 2023 un total de 5,9 millóns de euros para o desenvolvemento de instrumentos de recuperación da terra agraria, un 11% máis ca en 2022. Deste montante, uns 4,4 millóns serán para actuacións en polígonos agroforestais e aldeas modelo. 

Lei de recuperación

A Xunta está desenvolvendo diferentes actuacións co obxecto de mellorar a base territorial das explotacións agrícolas, gandeiras e forestais no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Trátase dun texto concibido para combater o abandono ou infrautilización dos terreos agrícolas, gandeiros e forestais. Entre as súas novidades, esta lei creou figuras pioneiras na recuperación de terras, como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta, así como as permutas de especial interese agrario.

Son ferramentas concibidas para poñer en valor o rural apoiando a actividade agraria co obxectivo de crear actividade económica e fixar poboación, avanzar na prevención de incendios forestais e garantir a seguridade alimentaria.Así, desde a entrada en vigor da Lei de recuperación, en maio de 2021, arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria, correspondentes a 21 polígonos agroforestais, a 21 aldeas modelo e a permutas voluntarias no concello de Friol, na provincia de Lugo.