A presidenta da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do centro Vila do Arenteiro, Sofía García, informou de que os resultados obtidos da votación pola xornada única deixan 90 familias a favor e 33 en contra. A pesar de contar cunha maioría a favor, faltan oito votos para chegar á porcentaxe mínima do censo que esixe o Ministerio de Educación para concedelo. Consideran que nesta votación, a terceira pola xornada única que realizan no centro, houbo menos opcións de voto pola situación sanitaria.

Ademais, consideran que a situación actual é a mais propicia para a implantación da xornada única, reducindo o contacto dos alumnos ó evitar os desprazamentos do mediodía. Sofía García reseñou ademais as opcións de actividades extraescolares cas que conta o centro, aínda que polo de agora están paralizadas.