Ribadavia ascende hoxe en tres positivos de covid-19, ata o total de 56

O brote declarado no xeriátrico de Leiro afecta a case todos os residentes e 15 traballadores. Ante esta situación e representando o máximo da comarca do Ribeiro, a Xunta tomou o pasado venres a decisión de intervir o centro. Case todos atópanse asintomáticos e dende o centro aseguran que a situación está estable. A totalidade do concello ascende hoxe ata os 79 casos activos, os mesmos ca onte.

Ribadavia presenta hoxe 56 casos activos, tres máis ca na xornada de onte. O concello de Melón baixa dos 11 casos activos de onte ós 9 de hoxe. Arnoia mantense estable nos seis casos. Beade sobe hoxe ata os tres contaxiados, para igualar os datos de Cenlle, que tamén sobe hoxe ós tres casos. Avión sobe tamén hoxe un caso, para contar con dous contaxios, igual que Castrelo de Miño e Cortegada. Cun so caso activo atópase Carballeda de Avia.