O Concerto de Nadal da Universidade de Vigo é xa unha tradición ca que a comunidade educativa da inicio a estas festas. Este ano obrigou a que se tivera que modificar a súa celebración, como acontece con moitos outros eventos. O de este ano será un acto feito na súa totalidade virtual, motivado polas circunstancias. O concerto correrá a cargo do grupo folk galego Tor, e terá lugar esta tarde, a partir das 20:00 horas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Vigo, e non contará con público. Pero o acto será retransmitido a través da UVigo TV non só á comunidade universitaria galega, se non do resto de universidades de España.
O grupo Tor está integrado polos irmáns Félix e Cástor Castro e por Xosé Liz e Álvaro Iglesias. Todos eles decidiron xuntarse e dar forma a este grupo logo de varios anos dedicados á investigación musical. O seu repertorio está composto por popurrís ou sets de temas instrumentais, de música tradicional galega. Todas as súas pezas son de creación propia, buscando a innovación ca mistura de frauta de madeira e acordeón ou cancións creadas con gaitas elaboradas en comarcas da zona, pouco coñecidas, Como A Limia, Navia ou Frieiras.