A residencia de Beariz rexistra a súa sexta morte por covid, unha muller de 104 anos

As autoridades sanitarias informan hoxe do falecemento de catro persoas en Galicia diagnosticadas con coronavirus. Trátase dunha muller de 70 anos no Hospital de Pontevedra e unha muller de 84 anos da residencia Vila do Conde de Gondomar. Os outros dous falecidos son da provincia de Ourense. Trátase dun home de 91 anos que faleceu no CHUO e dunha muller de 104 anos, residente da residencia San Antonio de Beariz.

Publicidade